sábado, 21 de abril de 2018

BOOKTRÁILER

Este é o Booktráiler, da obra O Segredo da Casa de Formoso, escrita por Héctor Cajaraville e publicada na editorial Oqueleo. Recomendo ver este vídeo, onde se amosa un anaco da historia.


domingo, 14 de xaneiro de 2018

COUSA

ROSIÑA
Rosiña é unha muller moi baixa, co pelo negro, curto e rizo e coa voz moi aguda, con moito humor que vive na vila de Maceda e á que todos coñecen. Viste con cores claras e aínda que xa é anciá ten o espirito infantil xa que sempre leva posto moitos pendentes e pulseiras e viste roupa con debuxos de personaxes infantís famosos.
Anda polas rúas da vila co seu bastón, que utiliza àra mostrar o seu afecto ás persoas que coñece dándolle nas pernas pero sen facer dano. Sempre se mete cos aldeáns pero nunca con ánimo de ofender. Todos a coñecen e saben como é, e como tratar con ela, por iso tómano como unha broma e ás veces ata chegan a responderlle para continuar a graza. Un día de verán, no restaurante da vila “A Dilixencia” estaban uns veciños e ela tomando unhas copas e Ito, un veciño, fíxolle unha pregunta e díxolle como podía estar tan animada sempre, e ela respondeu: -que ela sempre pensa que cando era nova non podía amosar esa alegria e por iso o fai agora.
Os veciños ao escoitar iso déronse de conta de que tiña razón, dende ese día cando algunha desas persoas se cruza con ela sempre sorrín, aínda que ela lles dea co seu bastón e lles faga algunha broma, esa xente tómao como un cumprido. Todo a ven como unha rapaza atrapada no corpo dunha anciá e a ela iso, gústalle.

martes, 24 de outubro de 2017

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

A miña mellor amiga: como unha rapaza graciosa, amable, torpe, discreta, alegre, valente, sincera, fantástica, intelixente, orgullosa, festeira, fiel, feliz, rebelde, dócil, simpática, lista, confiada, salvaxe....

O camareiro da aldea: xenerosa, amable, extravertida, sensata, divertida, simpática, prudente, educada, traballadora, sociable, sincera, sensata, atrevida, educada....

ASÍ SON EU

GÚSTAME
A tortilla da miña avoa, o chcolate, o queixo derretido da pizza, as películas de Harry Potter, a escuma do colacao, escoitar música, os baños con escuma, escoitar o son da choiva, ver os relámpagos, ver películas en compañía, recebir mensaxes desa persoa especial, as persoas sinceras, pasar a tarde no local, ver o fútbol os sábados, o grupo de música Red Hot Chilli Peppers, o actor Channing Tattum, as películas de Will Smith, o último día de clases, os sorrisos, os piercings e as tatuaxes, o Barça, o olor dos rotuladores, os coches...

NON ME GUSTA
O tomate, o líquido dos chicles, os espárragos, os baños públicos, os dependentes bordes, as persoas con dobre personalidade, as mentiras, os piercings nas cellas, os pntalóns de pana, que chova cando me aliso o pelo, os políticos corruptos, as películas de Oeste, que me deixen en leído, o machismo, quedarme sen batería, a cor laranxa, os exames, os mosquitos, a bipolaridade...




MªVCITORIA MORENO