domingo, 14 de xaneiro de 2018

COUSA

ROSIÑA
Rosiña é unha muller moi baixa, co pelo negro, curto e rizo e coa voz moi aguda, con moito humor que vive na vila de Maceda e á que todos coñecen. Viste con cores claras e aínda que xa é anciá ten o espirito infantil xa que sempre leva posto moitos pendentes e pulseiras e viste roupa con debuxos de personaxes infantís famosos.
Anda polas rúas da vila co seu bastón, que utiliza àra mostrar o seu afecto ás persoas que coñece dándolle nas pernas pero sen facer dano. Sempre se mete cos aldeáns pero nunca con ánimo de ofender. Todos a coñecen e saben como é, e como tratar con ela, por iso tómano como unha broma e ás veces ata chegan a responderlle para continuar a graza. Un día de verán, no restaurante da vila “A Dilixencia” estaban uns veciños e ela tomando unhas copas e Ito, un veciño, fíxolle unha pregunta e díxolle como podía estar tan animada sempre, e ela respondeu: -que ela sempre pensa que cando era nova non podía amosar esa alegria e por iso o fai agora.
Os veciños ao escoitar iso déronse de conta de que tiña razón, dende ese día cando algunha desas persoas se cruza con ela sempre sorrín, aínda que ela lles dea co seu bastón e lles faga algunha broma, esa xente tómao como un cumprido. Todo a ven como unha rapaza atrapada no corpo dunha anciá e a ela iso, gústalle.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

MªVCITORIA MORENO